A associação "Couto Mixto", a Editorial Galaxia e a livraria Orfeu convidam-no para a apresentação do livro
Cartas Marcadas
(Editorial Galaxia: http://www.editorialgalaxia.es)
de
Xavier Queipo
Xavier Queipo (Santiago, 1957), licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía, desde 1989 vive e traballa en Bruxelas como funcionario da Unión Europea. É un dos autores que durante a década de 1990 incorporou á narrativa galega rexistros e temas nos que salientan a heterodoxia e o gusto pola hibridación cultural. En 1990 obtivo o Premio da Crítica Española con Ártico e outros mares, libro ó que seguirían os relatos de Ringside (1994) e O ladrón de esperma (2001, Premio Café Dublín) e as novelas O paso do noroeste, coa que obtería o Premio García Barros en 1996, Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e Dragona (2007). (ed. Galaxia)
Apresentação de
Victor Freixanes
(Director-geral de Galaxia)
O novo libro de Xavier Queipo establece un xogo dobre co lector, xa que se trata duns textos difundidos previamente na web culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, que se publican despois nun libro. Texto electrónico e texto impreso para dous tipos de lectura e momentos diferentes.
Unha frase escoitada ou unha cita subliñada serven de punto de partida para unha argumentación posterior. A lembranza dunha paisaxe, unha prospección nocturna nos labirintos da memoria, unha foto atopada entre as páxinas dun libro ou simplemente unha idea que agroma van compoñendo devagar un libro diferente, apaixonado e sincero.(ed. Galaxia)
6 de Maio, quinta (xoves), às 18.30